Ana Miranda

Vigo, Pazo Los Escudos (Alcabre. Avda. Atlántida, 106) 9:00 horas
Jueves, 3 Abril, 2014 - 09:00

Desayuno informativo del Fórum Europa Tribuna Galicia, organizado por Nueva Economía Fórum, con el patrocinio de BANCO PASTOR-Grupo Popular y AUDASA-Grupo Itínere. Plazas Limitadas

Ana Miranda
Candidata por el BNG en las Elecciones al Parlamento Europeo

mostrar biografía

Son unha muller galega, nacionalista, de Vigo, nada en Cuntis en 1971.  Crieime nas Travesas en Vigo, formándome nos centros públicos Emilia Pardo Bazán (Chouzo) e Santa Irene, que tanto marcaron a miña formación futura. Logo estudei Dereito en Santiago e Alemania (Passau) e rematei en Lovaina para vir especializarme  en  Dereito europeo, mentras coidaba un meniño como au pair. O periplo de Bruxelas levoume a facer prácticas no Consello de Ministros nás áreas de política social e cohesión, a ter a bolsa Leonardo nunha consultora europea e logo a  traballar nas institucións comunitarias, onde tiven o privilexio de  traballar co compañeiro Camilo Nogueira na súa etapa de eurodeputado do BNG entre o 1999 e 2004.
 
Nestes últimos anos exercín a representación do BNG en Bruxelas  mediante os acordos en coalición con outras formacións políticas, primeiro con Galeuscat (2004-2009), e despois con Europa dos Pobos – Verdes  (baixo a cal concurrimos ás eleccións de 2009 con ERC, Aralar, Eusko Alkartasuna, CHA e os Verdes).  Tamén exerzo a función política de Vicepresidenta da Alianza Libre Europea (ALE), o partido político europeo no que está integrado o BNG. Desde xaneiro deste 2012, o Bloque volve a ser oficialmente membro da Eurocámara, o que nos da un plus de capacidade política para actuar na defensa de Galiza tamén en Bruxelas.
 
Son unha persoa perserverante e optimista que gosta de falar coa xente. Vivo entre Bruxelas e Galiza coa miña filla de 8 anos que me enche a vida coa súa inquietude e espontaneidade.
 
Sobra decir que, nesta nova etapa, redobrarei os esforzos para que as problemáticas e inquedanzas das galegas e dos galegos sexan escoitadas e tidas en conta na Unión Europea. Grazas adiantadas en nome do BNG polo apoio e o interese de todas e de todos vós, neste escano do pobo galego.
 
Fuente: www.anamiranda.eu